miércoles, 10 de abril de 2019

Descubrindo o século XX

No século XX o progreso científico-tecnolóxico foi espectacular. Moitas respostas foron atopadas e aínda máis preguntas descubertas: nunca vos parastes a pensar por que nos parecemos tanto aos nosos pais e nais? Pois disto ten a culpa o ADN, que é un dos temas tratados neste obradoiro; aquí tamén nos falarán doutros temas tan interesantes como a invención dos efectos especiais, que revolucionou o mundo do cine por completo, ou a chegada do ser humano ao espazo exterior, que hoxe nos permite ter satélites, teléfonos móbiles, GPS… Ademais, observaremos a evolución doutra maneira de desfrutar do noso tempo de lecer, de relacionarnos e de descubrir a realidade: os videoxogos.

A primeira actividade centrarase nos efectos especiais. Os ponentes explícannos a historia dos efectos especiais, quen foi o seu creador, e os diferentes tipos. Despois da presentación, os nenos e nenas crean unha animación para poñer en práctica a técnica “stopmotion”, unha das técnicas máis sinxelas en animación.
  

A segunda actividade trataranos de ensinar a historia da creación dos videoxogos producidos por Nintendo e Sega. Para iso asistimos a unha explicación e un xogo de parellas, no que hai que recoñecer os diferentes tipos de videoconsolas a partir das imaxes que nos ensinan; o gañador deste xogo comezará a xogar con vantaxe a un xogo antigo.





A terceira actividade falaranos da importancia do ADN, e da súa estrutura, utilizando unha pequena maqueta que máis tarde terán que reproducir. Para que os nenos e nenas podan ver o ADN cos seus propios ollos, o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. realiza un experimento que consiste na mistura de substancias e cuspe dun neno ou nena, e así poder ver o seu ADN; por último o alumnado xogará cunha tablet a un xogo de memoria que relaciona unhas imaxes cos nomes das partes das célula.  




Na cuarta e última actividade poderemos viaxar ao espazo exterior, e veremos a variedade de satélites e naves espaciais inventadas no século XX, e tamén nos darán unha breve explicación sobre a viaxe orbital á Terra da cadela Laika. Para facer a actividade máis dinámica, o alumnado vaise divertir co xogo de cada ovella coa súa parella.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

E sen máis, nada máis

A semana cultural chega á súa fin, e o único que podemos dicir é grazas a todas as persoas que a fixeron posible: grazas ao alumna...