martes, 9 de abril de 2019

Unha viaxe cara o pasado: mergullémonos no século XX


Nunca vos preguntastes como eran antes as cousas? Como a meirande parte de nós somos do século XXI tamén nos interesa saber como vivían os nosos pais, avós...
Este obradoiro elaborado na clase de Mar, divídese en seis equipos (de 1º e 2º de ESO). Todas as actividades están dirixidas aos nenos de 1º e 2º de primaria:
No primeiro equipo tratan de amosar aos nenos e ás nenas a evolución dos coches dende o século XX ata agora. O que queren conseguir con isto e que aprendan como eran os coches antes en comparación cos de agora e as súas características; conseguirán transmitirlles isto mediante unha explicación seguida dun xogo que consiste en poñerlles imaxes de distintos vehículos con motor e sen motor para que adiviñen cal ten motor e en cal non.
Nesta parte do obradoiro terás que atender moito á explicación sobre os debuxos animados que foron evolucionando dende o século XX. Esta actividade consta dunha explicación seguida de dous xogos: no primeiro deles os nenos e as nenas  teñen que adiviñar, segundo a silueta, que personaxe é; quen primeiro acerte levará unha lambetada. No seguinte xogo deberán crear o seu propio personaxe.
A seguinte actividade trata de amosar o cambio de vida que hai dende o século XX ata a actualidade, mediante unha explicación da evolución que tiveron os xoguetes dende o século XX ata agora. Despois da explicación fan unhas preguntas do tema exposto.
Este equipo ten unha explicación previa á actividade cun cartaz sobre os distintos personaxes dos videoxogos antigos que foron evolucionando ata a actualidade. Despois da exposición fan unha actividade que consiste en darlle a cada neno ou nena a representación dun personaxe de calquera das catro sagas de videoxogos, e os participantes teñen que saber situalos no xogo que corresponda. As catro sagas son: Donkey Kong, The Legend of Zelda, Super Mario e Pokémon.
Case chegando ao final atopámonos cun equipo que nos fala dos diferentes tipos de avións que hai e as súas características. Primeiro introducen o tema e despois fan dúas actividades: na primeira hai que completar un puzzle dun avión e na seguinte poñen un audio dun avión e hai que dicir se son actuais ou non e se son comerciais ou non.
 Por último, pero non menos importante, un equipo fálanos sobre a evolución do teléfono. Esta actividade organízase mediante unha explicación e dúas actividades que consisten en construír un teléfono con dous iogures baleiros e limpos e un cordel, e na segunda actividade os nenos e nenas xogarán ao teléfono avariado.

5 comentarios:

E sen máis, nada máis

A semana cultural chega á súa fin, e o único que podemos dicir é grazas a todas as persoas que a fixeron posible: grazas ao alumna...