como era a pintura do século XX, herdeira tamén de toda a
arte precedente.
Os profesores amateur ensinan técnicas pictóricas empregadas
no século XX: técnicas antigas, coma o punto de fuga ou o claroscuro; técnicas
novidosas, coma o trazo impresionista, que substitúe as cores normais por unhas
máis vivas e amosa uns trazos diferentes; a arte abstracta, que non é
figurativa senón que é máis simbólica.
Neste obradoiro tamén se mostran obras emblemáticas de
autores como Leonardo da Vinci, Diego Velázquez ou Vincent Van Gogh, para
ilustrar as explicacións.
O obxectivo desta actividade é ensinar a valorar a arte,
algo que nos rodea en cada momento e en cada lugar, aínda que non se vexa. E
para tomar consciencia de que sen ela, sen as cores, sen o sentido estético de
beleza e fealdade, non teríamos sentimentos tan fortes, ou alomenos tan
fermosamente expresados. As cores descríbennos como seres conscientes, e por
veces mesmo saen da pintura e entran noutras artes, como a literatura ou a
música: lembrade a Negra Sombra de Rosalía de Castro ou La vie en
rose de Édith Piaf, por poñer un par de exemplos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario