miércoles, 10 de abril de 2019

Deportes


Deportes.

A actividade física é moi importante. Os rapaces e rapazas de 1º e 2º de E.S.O. que organizan este obradoiro enfocado aos deportes téñeno moi claro.
Con esta temática, os ponentes  tratan de amosar aos nenos e ás nenas de 3º e 4º algúns aspectos do deporte que ata agora lles eran algo alleas, e contar tamén algunhas categorías do deporte que se iniciaron no século XX, época na que se centra a semana cultural este ano.

Á nosa chegada ao obradoiro averiguamos que foi preparado no ximnasio e ten o seu “cuartel xeral” dividido entre a clase de drama e o patio cuberto. Tamén descubrimos que o obradoiro está dividido en tres grupos, cada un cun tema distinto pero sempre xirando arredor da idea central.

No primeiro grupo atopamos unha temática tan interesante como peculiar, a dopaxe. Nesta parte do obradoiro dáse unha explicación completa ao público sobre que é a dopaxe e en que consiste. Despois dela, os cativos fan unha divertida carreira simulando que están dopados e contando con ferramentas como como antifaces ou cordóns para proporcionar unha experiencia máis real.
Os organizadores desta parte explícannos que o seu obxectivo e amosar ata que punto podemos chegar as persoas para lograr as nosas metas, pasando pola dopaxe por exemplo.



No segundo grupo que visitamos podemos observar unha iniciativa á que non lle falta razón, pois o tema a tratar son os xogos paralímpicos.
A exposición consiste na orixe destes xogos e a mención dalgúns atletas importantes nesta disciplina. Tras isto, o público poderá realizar un xogo poñéndose na pel dunha persoa con discapacidade visual por uns minutos e utilizando antifaces e unha pelota de poliespán rechea de chapas, das cales os nenos e nenas poden seguir o son.
Este grupo trata de concienciar o público sobre como é a vida da xente con distintas discapacidades, pero tamén pretende visibilizar estes xogos que moita xente aínda non coñece.













No terceiro e derradeiro grupo, o tema é algo máis coñecido, pois este grupo expón sobre o exército e o adestramento militar. Os rapaces e rapazas realizan unha exposición sobre como é o exército, pasando por temas tales como o machismo neste ámbito.
Ao rematar a exposición, faise un circuíto militar no que se deben superar obstáculos como o poldro ou os bancos, e realizar exercicios con aros, colchonetas....
Os ponentes din que o seu obxectivo é contar como é a vida militar e o dura que pode chegar a ser no transcurso dunha guerra.




Parece ser que estes rapaces teñen un coñecemento bastante amplo do mundo deportivo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

E sen máis, nada máis

A semana cultural chega á súa fin, e o único que podemos dicir é grazas a todas as persoas que a fixeron posible: grazas ao alumna...