miércoles, 10 de abril de 2019

Reciclaxe sinfónica


Comezamos un novo día na semana cultural, esta vez, para nos adentrar na aula de galego dos primeiros ciclos de primaria. Pero nada máis entrar na clase, esta parece estar chea de materiais inservibles… Inservibles? Ou reutilizables?
O alumnado de terceiro e cuarto que dirixe este obradoiro e ensínanos a facer cinco tipos de instrumentos usando materiais que se poden reciclar. O obxectivo é que nos deamos conta de que se poden facer instrumentos con cousas que se atopan facilmente en calquera casa.
Teremos que facer distintos tipos de instrumentos dependendo do curso: Os nenos e nenas de tres anos farán unhas maracas con dous vasos unidos con arroz dentro.
                                              
Os de catro e cinco anos farán uns crótalos feitos cunha tira de cartón e dúas chapas pegadas nos extremos.
                      

                                                 
Os de primeiro e segundo de primaria construirán un pim-pom; primeiro terán que recortar un cartón en forma de círculo e pegalo a un pau de madeira, do círculo de cartón saen dous fíos cunha bóla de cor na súa punta.

Os de terceiro e cuarto de primaria farán un monocorde cun pau de madeira e un fío de pesca.
Os de quinto e sexto de primaria intentarán facer un bicañófono (xa que o instrumento é inventado, houbo tamén que inventarlle un nome) con dúas canas e cinta adhesiva.
Para facer estes instrumentos os alumnos e as alumnas de secundaria que conducen a actividade traballaron os luns previos á semana cultura durante as tres últimas horas da mañá, e tamén os xoves ás tres primeiras horas.

1 comentario:

E sen máis, nada máis

A semana cultural chega á súa fin, e o único que podemos dicir é grazas a todas as persoas que a fixeron posible: grazas ao alumna...