martes, 9 de abril de 2019

A boa alimentación


 A  BOA ALIMENTACIÓN 


A alimentación é o proceso de inxesta de alimentos por parte dos organismos para proverse das súas necesidades alimenticias, fundamentalmente para conseguir enerxía e desenvolverse. É moi importante para o organismo comer ben e alimentarse ben xa que se a alimentación é mala vas ter enfermidades e problemas coa túa saúde. Deste modo os nenos e nenas de 4º de ESO vanlles explicar aos nenos e nenas o importante que é comer ben.

Este grupo de alumnos e alumnas de 4º de E.S.O. divídese en 5 grupos de traballo diferentes:

·             Alimentación nas guerras:

Despois de que o público estea dividido por grupos, a primeira parada que facemos é no grupo de alimentación nas guerras, no que nos explican o duro que era comer durante a guerra. Empezan cunha pequena intervención na que nos contan que cousas se comían e que agora é impensable: comer as peles das laranxas; as das patacas; etc.

Despois de explicar ao público que a vida na guerra é moi dura, fan un  xogo no que hai que ver unha cociña nova e unha vella e dicir todas as diferenzas.


Cando se acaba o tempo, os rapaces e rapazas van ao seguinte grupo.

·             Etiquetas na comida:

Neste grupo explica como ver o que levan os produtos que comemos e que mercamos no súper.

Empezan explicando canto azucre levan os distintos alimentos que hai na mesa cuxo porcentaxe está metido nun vaso.  Despois dan unha pequena charla sobre o malo que é o azucre en cantidades elevadas e acto seguido nomean os aceites que son bos e os aceites que son prexudiciais para o organismo.

E pasamos ao seguinte grupo.

·             Plantar lentellas:

Comezamos cun pequeno xogo onde hai que identificar se os distintos tipos de alimentos que temos diante, como unhas galletas recheas de chocolate, unhas pringles, froita, leite ou un bocata son produtos elaborados ou naturais; posteriormente móstrannos nun vídeo o que podemos chegar a comer se imos a un destes lugares de comida rápida e xa para rematar ensínannos a plantar lentellas con algodón nun vaso de plástico.


Continuamos co cuarto grupo:


·             Pizza:

O primeiro que facemos, como podedes supoñer, é levar os nenos e nenas a que laven as mans, xa que van traballar con comida. Acto seguido explican de que se compón unha pizza e como se fai, e despois da explicación póñense mans á obra e, ao rematar, lévana ao forno.


·             Pirámide de Alimentación:

Empezan explicándonos de que se trata a pirámide alimentaria e os alimentos que van en cada lugar. Pero hai un problema: toda a comida caeu dela, e se queremos gañar temos que colocar os alimentos no seu sitio correspondente.

Tras finalizar todas as actividades do obradoiro póñenos un vídeo de 6 minutos no que se nos explica que temos que comer san e non alimentarnos sempre de cousas doces.


Por último cada un co seu cachiño de pizza na man, marchamos para o seguinte obradoiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E sen máis, nada máis

A semana cultural chega á súa fin, e o único que podemos dicir é grazas a todas as persoas que a fixeron posible: grazas ao alumna...