martes, 9 de abril de 2019

A música sempre nova


Segundo a RAG a música é a arte de combinar os sons harmonicamente seguindo unhas determinadas regras… Pero, de verdade cremos isto? Todos temos experiencias musicais que van mais aló, a música pode agocharse nun aroma, nun sentimento ou nunha sensación… O que nós ensinamos aos nenos é que a música é moito mais que só ritmo, que unicamente notas, a música somos nós, e nós somos música.

Para que os nenos se conciencien do valor que pode chegar a ter a música, e para que se dean conta de que sen ela non teríamos esa alegría e empatía social que transmitimos ao resto da xente, os alumnos de 4º, ataviados coma o mellor dos luthiers, crearon uns instrumentos coas súas propias mans coa idea de que os nenos puidesen tocalos coas súas.

O obradoiro de música está dividido en tres espazos de traballo. no primeiro deles, ubicado na parte central da sala, podemos atopar os instrumentos de percusión, que sempre adoitan ser mais entretidos para os nenos pequenos, e tamén son os mais sinxelos de tocar, e os que mais barullo meten.

Nas duas mesas laterais ubícanse aparellos mais complexos, como instrumentos de corda (guitarras é arpas), de vento (flautas, flautas de pan ou saxos), distintos tipos de xilófonos e outros tamén feitos polos nosos luthiers.

Despois dunha entretida exposición os rapaces e rapazas misturan as súas voces para crear unha melodía creativa con launchpad, que é un aparello tecnolóxico co que, mediante unhas configuracións de software dende un dispositivo electrónico permite tocar melodías partindo de sons previamente gravados.

Deste xeito os nenos e nenas poden intuír como foi cambiando a música durante o século, partindo duns instrumentos case que artesáns e manufacturados ate chegar ao desenvolvemento da tecnoloxía eléctrica que permitiu unha morea de novos e sorprendentes instrumentos como guitarras, sintetizadores ou o chocante theremin, o instrumento que se toca sen tocar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

E sen máis, nada máis

A semana cultural chega á súa fin, e o único que podemos dicir é grazas a todas as persoas que a fixeron posible: grazas ao alumna...