miércoles, 10 de abril de 2019

A enerxía que move o mundo...


Hoxe en día as enerxías renovables son un tema moi popular xa que cada vez son máis usadas, por iso este ano o obradoiro de enerxía decidiu centrarse niso: está dirixido aos rapaces e rapazas de primeiro e segundo de primaria e consta de cinco grupos os cales teñen en común a ensinanza das diferentes enerxías.

O primeiro grupo que entrevistamos é o grupo de Alberto, Adriana e Marta. Estes teñen dúas actividades, a actividade que levan a cabo Adriana e Marta é facer un electroimán a partir dunha pila e un imán, o cal atrae cravos para demostrar o electromagnetismo.
Por outra parte, está Alberto, que explica aos nenos e nenas a enerxía eólica co seu mecanismo: este mecanismo consta dunha pila que activa un ventilador, que simula o vento que fai xirar outra hélice, a cal acende unha luz LED.


Mais adiante entrevistamos o grupo de Sebastián, Álvaro, Diego e Daniel, que se adican á montaxe de circuítos simples; entre os catro reparten os nenos e nenas, cos que teñen vinte minutos para realizar a actividade. A finalidade desta actividade é explicar os efectos da electricidade, os seus usos, e as cousas boas ou malas que ten. Xa que estes circuítos son moi entretidos e visuais para os nenos e nenas estes mantéñense moi atentos: "Con que acendas unha luz xa atenden”.



Despois destes está o grupo de enerxía solar, que pertence a Rubén, Pablo, Guillermo e Enrique: o primeiro que lles ensinan aos nenos e nenas é o concepto de enerxía solar, tema explicado por Enrique; posteriormente Guille introdúcelles a actividade e ao final Rubén axuda a  montar o circuíto co panel solar, o cal activa un aparato que reproduce música. Este obradoiro é moi fácil para os nenos e as nenas, polo cal estes prestan moita atención, aínda que os principais problemas que hai son meteorolóxicos, xa que non fai suficiente sol como para darlle enerxía ao panel solar.



Posteriormente entrevistamos o grupo de María, Darío, Ainara e Germán, que mediante a montaxe duns coches a reacción, explican os distintos tipos de enerxía, estes coches constan dun rectángulo de cartón, que se lles montan unhas palliñas xunto cuns tapóns que funcionan de eixo e rodas; despois, sobre o cartón, pégase un globo que impulsa o coche. Todo isto débese montar entre cinco e dez minutos.


Ao final entrevistamos a Xurxo, Carlota e Sabela, que explican a enerxía solar mediante globos: a súa actividade consta da utilización dunha lupa e dous globos (un branco e outro negro), e grazas a que o globo negro atrapa mellor a calor, estoupa antes. Primeiro  explican que é a enerxía solar e introducen a súa actividade, logo saen da clase e fan o experimento cos globos ao aire libre.
“Eliximos esta actividade porque é divertida para os nenos e as nenas, e aínda que  o tempo non axude, podemos inventar novas actividades”.

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

E sen máis, nada máis

A semana cultural chega á súa fin, e o único que podemos dicir é grazas a todas as persoas que a fixeron posible: grazas ao alumna...