miércoles, 10 de abril de 2019

Século XX: guerras e paz




No século XX houbo moitos avances, por exemplo, na medicina, na música, militares… Tamén houbo descubrimentos moi importantes como algúns medios de transporte, ou en telecomunicacións. Por esa mesma razón aos rapaces e rapazas de segundo de E.S.O. interesoulles este tema, e crearon o obradoiro de historia, que trata completamente do Século XX, e estará dirixido aos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria.

O primeiro grupo que entrevistamos trata sobre os transportes. Os dous rapaces encargados desa actividade establecen quendas para explicar ao público, mediante carteis, os avances/inventos máis importantes no transporte, para logo ensinar unha maqueta dun ascensor, que funciona cun mecanismo de poleas. O que tratan de demostrar é a importancia destes avances e a súa evolución. A pesar de que teñen pouco tempo para dar as explicacións, conseguen captar a atención do público.

    

    

Posteriormente asistimos ao obradoiro de historia da música, que trata de explicar os diferentes estilos de música e grupos que xurdiron no século XX, aínda que máis ben se ensinan os estilos e grupos que xurdiron dende a década de 1960 cara adiante. Despois da explicación fan un xogo no que reproducen música e os nenos e nenas teñen que identificar de que estilo e grupo se trata. Todo isto coa finalidade de facer que descubran novos estilos de música, aínda que sexan de antes de teren nacido.

O terceiro grupo que entrevistamos trata sobre os avances na medicina. Os tres membros reparten os temas: un encárgase de dar unha charla sobre a xenética, outro sobre a cirurxía e o outro sobre a psicoloxía. En conxunto explican a pirámide psicolóxica, o primeiro órgano amputado, a invención do antibiótico etc. Despois xogan a o famoso xogo “memory” pero con enfermidades e as súas curas.


Tamén entrevistamos o grupo que traballa a II Guerra Mundial. Primeiro explícase a participación dos diferentes países nesta guerra e as resistencias que xurdiron nese momento. Logo fanse dous xogos: nun identifican os bandos de cada soldado, dependendo da súa facha e os datos que lles dan na explicación, e no outro xogan a “Quen son?” cos diferentes movementos de resistencia.


     

Outra actividade trata do armamento da II Guerra Mundial. Os integrantes do grupo dividen os temas a explicar en infantería, avións e tanques. Despois da explicación fan un xogo de identificar os temas explicados con imaxes. O que intentan ensinar é como afectaron na II Guerra Mundial todas estas cousas, e levalas aprendidas a casa.



Ao final está un grupo no que se explica brevemente a II Guerra Mundial cun  mapa político e as tres batallas máis importantes desta guerra. Máis tarde fan un xogo de emparellar batallas con fotos e algunhas preguntas sobre o explicado, co fin de saber máis sobre a II Guerra Mundial e tomar consciencia de que algo parecido pode chegar a suceder. O principal problema é a falta de espazo, pero a actividade é moi fluída e entretida.

 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

E sen máis, nada máis

A semana cultural chega á súa fin, e o único que podemos dicir é grazas a todas as persoas que a fixeron posible: grazas ao alumna...