Quen non ten interese por saber o tempo que vai facer ao día
seguinte? Poderei levar a minisaia ou terei que poñer a gabardina?
Neste obradoiro realizado por alumnos de 4º de E.S.O para
nenos de 5º e 6º de primaria, e executado na clase de tecnoloxía, os nenos e
nenas poderán descubrir os segredos máis ocultos da meteoroloxía.
Os encargados deste obradoiro dividíronse en 5 grupos de 3
ou 4 persoas. En cada grupo trátase un tema distinto co mesmo punto de partida
(a meteoroloxía).
O primeiro equipo trata de amosar que o aire pesa, algo no
que no noso día a día non adoitamos reparar. Para isto deseñaron unha maqueta
feita con perchas e globos simulando unha balanza. Nun lado hai un globo con
aire e no outro un sen aire. Co experimento descubrimos que o lado do globo
cheo de aire se inclina máis que o outro, polo que queda demostrada a hipótese
de partida.
No segundo equipo os ponentes ensinan ao público
o que teñen que ver as precipitacións co clima, e as características dos
diferentes patróns climáticos. Para isto idearon uns experimentos nos que
empregan auga, colorante, un globo terráqueo e tubos de ensaio, todo isto co
obxectivo de explicar a diferenza de precipitacións dun lugar a outro cun
sinxelo experimento: con xeringas, enchen o tubo de ensaio dependendo do que
chovera ou chova en cada lugar en mililitros.
Para finalizar a actividade os nenos fan o seu
propio papaventos caseiro feito con madeira, paus de madeira, palliñas e
cartón.
Seguindo a nosa ruta polo obradoiro atopamos un
equipo que conta cun mapa meteorolóxico no que a memoria é a principal
ferramenta que precisaremos. Nel realízase un xogo no que teremos que lembrar
localizacións anteriormente marcadas polas rapazas con símbolos de temática
climatolóxica. Elixiron este tema porque lles parecía que o tema podía ser
didáctico e entretido á vez.
Xa finalizando o percorrido, chegamos ao último
equipo, cun xogo de mesa similar á oca con temática do polo norte e sur. Tras
unha breve explicación, os nenos e nenas responderán preguntas sobre os polos
para poder avanzar, e o primeiro en chegar ao fin do taboleiro gaña. Para elaborar o xogo empregaron papel, madeira
e chinchetas. A súa elección baseouse na súa preocupación no cambio climático
intentando así concienciar os nenos e nenas mediante un xogo que inclúe
preguntas sobre o tema
No hay comentarios:
Publicar un comentario