martes, 9 de abril de 2019

Contos do avó





Os contos son unha parte importante da infancia dos nenos e as nenas; así se nos demostra neste obradoiro, que nos explica a historia da creación dalgúns inventos do século XX.



Ao adentrármonos na aula de inglés podemos asistir a unha obra treatral explicativa, na que un avó nos narra como viviu as invencións das comodidades que hoxe en día coñecemos.

Despois  da obra, os nenos e as nenas repártense en grupos de 6 ou 5 persoas. Cada grupo diríxese a unha das catro actividades:

A primeira actividade é a de alimentación, nesta actividade ensínaselles aos nenos e as nenas a importancia dos electrodomésticos mediante a elaboración de minipizzas.                                               


A segunda actividade trata sobre o cine: os nenos e as nenas miran un anaco dunha película muda e despois teñen que contar o que están a ver aos seus compañeiros e compañeiras.

 

A terceira actividade é a cadea de montaxe: onde os nenos e as nenas poden ver o modo de construír os coches da época. Eles mesmos constrúen un coche con pezas de lego utilizando este método.

A última actividade é os medios de comunicación: nesta actividade os nenos e as nenas envían un correo electrónico dende un ordenador para demostrar a comodidade do correo electrónico fronte a tardanza do correo postal tradicional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E sen máis, nada máis

A semana cultural chega á súa fin, e o único que podemos dicir é grazas a todas as persoas que a fixeron posible: grazas ao alumna...