lunes, 8 de abril de 2019

Os contos da avoa

Dicía Eduardo Galeano, un ilustre escritor do Uruguai, que os científicos din que estamos feitos de átomos pero que a el un paxariño lle contou que estamos feitos de historias, e tanto que é así... Quen non recorda os contos que lle contaba a súa avoa?

 Este proxecto é unha pequena investigación etnográfica sobre como era a vida no século XX, unha época recente, pero que xa nos queda, sobre todo a algúns (cuestións de idade), moi lonxe. 

 A actividade comeza cunha representación onde unha avoa, que podería ser a de calquera de nós, está a escoitar música do século XX mentres pasea, e vai parando para preguntar á xente famosa daquel tempo coa que se vai atopando como era a vida daquela. Son moi interesantes as opinións de xente coma Jonh Lennon, Aretha Franklin, Neil Armstrong ou Rosalind Franklin.

 Dividen a experiencia en catro estacións:

 Na primeira inclúense dous xogos: un deles é o mitiquísimo memory con fotos de nenos e nenas do século XX e XXI; e unha actividade didáctica en que os nenos teñen que adiviñar se as fotos son de nenos do século XX ou do XXI.




 A segunda das estacións é a científica, na cal realizan experimentos que foron descubertos no século XX para que os nenos e nenas saiban que cousas que empregamos agora son dunha data relativamente próxima no tempo e non dun pasado máis lonxano.




 Na terceira estación os alumnos de Luis fanlles aos nenos de 1º e 2º unha pequena presentación sobre os astronautas máis importantes do século XX: Neil Armstrong e Valenthina Teveskova. A continuación, con plastilina, os nenos e nenas realizan réplicas da Terra, o Sol e a Lúa. Unha vez rematan esta viaxe espacial simulada, terán que voltar ao noso planeta, e para iso constrúen un paracaídas para foguetes.

 Na cuarta estación os nenos teñen unha actividade sempre lúdica para eles que consiste en darlle cor a pequenos recortables relacionados coa música que se levarán á súa casa como recordo dun día cheo de notas alegres. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

E sen máis, nada máis

A semana cultural chega á súa fin, e o único que podemos dicir é grazas a todas as persoas que a fixeron posible: grazas ao alumna...