martes, 9 de abril de 2019

O átomo e nós

Que somos? Somos materia, somos seres vivos, somos persoas, somos individuos, ou non tan individuos? O feito é que se miramos dende preto, somos un conxunto de átomos, pero... que é un átomo?

Un átomo é a unidade mais pequena que hai en calquera elemento, intervén nas reaccións químicas e posúe as propiedades químicas de dito elemento. E nós somos átomos.

Se nos adentramos na aula de matemáticas de terceiro e cuarto de E.S.O. podemos asistir a un obradoiro sobre o átomo, organizado polo alumnado de cuarto. Aquí aprenderemos dende a estrutura ata os diferentes tipos de átomos existentes. Este obradoiro está dirixido ao alumnado de quinto e sexto de primaria.

A aula divídese en cinco espazos, cada un adicado a diferentes actividades e presentacións. Para organizar este obradoiro o alumnado traballou as tres primeiras horas da mañá dos mércores durante as últimas tres semanas.

O primeiro espazo trata sobre a fisión e a fusión nuclear, e explica aos nenos e nenas, por medio dunha presentación, a maneira en que se forman e desenvolven estas reaccións nucleares; e para que aprendan a súa estrutura ralizan unha actividade que consiste en construír a maqueta dun átomo con diferentes materiais.

 

Este espazo é moi interesante porque permite investigar sobre unha unidade que non se pode ver a simple vista.

O segundo espazo explica os elementos da táboa periódica e como están distribuídos nela. Para comprobar que os conceptos quedan claros fan un xogo no cal os ponentes propoñen unha adiviña que consiste en dicir un elemento da táboa periódica e o público intentará adiviñar o grupo a que pertence.

O alumnado escolleu este tema porque querían ter máis coñecementos dos que aprenderon en clase e transmitirllos aos nenos pequenos.

O terceiro espazo comprende dende o primeiro modelo átomico ata o último que se coñece. Comezan cunha pequena explicación e a continuación fan un xogo que consiste en chegar ao punto final dun percorrido por medio de preguntas, este xogo seméllase ao Pac-man.


O cuarto espazo está adicado á estrutura dos átomos. Primeiro os alumnos explican como se forman e de que están compostos para despois facer dous experimentos sobre as propiedades da materia.


Aquí os nenos e nenas poden facerse unha idea de como é o mundo da física.
É un proxecto interesante porque hai veces que nos preguntamos de que están feitos os obxectos e non atopamos resposta, e esta actividade pode resolver estas dúbidas.


O último obradoiro explica os cambios da materia mediante unha breve explicación e dous experimentos para demostrar a solubilidade e a impermeabilidade. Os alumnos organizan este espazo porque lles pareceu interesante para os pequenos xa que o fan con experimentos.


Se queredes saber como son os outros obradoiros podedes ler os demais artigos deste blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E sen máis, nada máis

A semana cultural chega á súa fin, e o único que podemos dicir é grazas a todas as persoas que a fixeron posible: grazas ao alumna...