martes, 9 de abril de 2019

Vendo na distancia: a televisión


A televisión foi o medio de comunicación por excelencia no século XX. Dunha parte a transmisión cultural deste século levouse a cabo en grande medida a través deste medio, e iso tivo consecuencias positivas e algunhas outras negativas, como todo avance tecnolóxico. A información comezou a chegar a lugares a onde antes non chegaba, pero tamén fixo de nós escravos das pantallas, da visión hexemónica de tal ou cal medio concreto e de certa falta de pensamento crítico. Aínda así, que faríamos nós e as nosas familias sen a tele?

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º de E.S.O. comezan o seu obradoiro cunha pequena representación na que unha muller lle ensina ao seu home o maior impulso cultural do século XX: a televisión! Ese medio de comunicación que comezou cunha única canle... e agora ten máis ou menos 100!

 

O obradoiro continua cunha actividade na que os pequenos terán que relacionar diferentes modelos de televisións de épocas distintas coas súas respectivas datas de fabricación, comezando dende as mais antigas (que datan de 1930) ata as mais modernas (do século XX).

A continuación dúas alumnas explican a seguinte actividade, lúdica, onde o alumnado de 3º e 4º de primaria terá que fabricar a súa propia televisión a base de  cartóns de leite, palliñas e papel, debuxando a historia que eles queiran plasmar.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E sen máis, nada máis

A semana cultural chega á súa fin, e o único que podemos dicir é grazas a todas as persoas que a fixeron posible: grazas ao alumna...